<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

2.8.06

petshopboys
Cando estes dous señores británicos saíron dun biombo tapado cun cerebro, todos os demais señores e señoras que agardabamos alí embaixo xa sabiamos que nos ían gustar. Pouco tiñan que facer: botar as pezas de sempre (aquelas que nos lembran que algunha vez tivemos quince anos), meter un par de bailaríns macizos pra gusto dos nosos cairos, e colocar uns neóns e unha escenografía que era, con moito, o máis moderno.
Prós nostálxicos foi un éxito. Prós que, coma min, tiñamos a memoria baleira de sentimentos, foi un concerto algo sosainas e bastante conservador. Pero gravado queda na casca do amieiro: contra, neil, maría, malicia, berto, plattdorf, folerpa, chris, cesare. castrelos. 2006.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?