<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

6.8.06

noxo
Quedo con Monago, logo de moitos meses sen velo. O primeiro que fai é preguntarme quen pasa farlopa, logo pídeme unha camisola pra lle prestar, e finalmente agocha o desvarío e quedamos nun monte da contorna (preto da autoestrada, di, que despois xa marcha). Dende a última vez pasaron meses, é verdade, tempo abondo pra afear, engordar uns 30 quilos e perder capacidade e iniciativa sexual. Eu só penso en rematar canto antes, e cando me propón sexo anal non o dubido moito. Pero todas as cousas que poden suceder mal co sexo anal suceden, e véxome obrigado a guindar (e xa sei que merezo ser cuspido ata ao afogo) o condón pola xanela, urxentemente. O olor non me desaparece das ventas, esváeseme a concentración, despego da realidade e asisto a como el acaba, ao seu, torpemente, desexando liscar. Acompáñoo ata onde ten o coche mentres o olor persiste. Continúa mentres alanco pola estrada, xa eu só, e cando aparco preto da casa alí vexo o condón, apegoteñado na parte exterior da xanela, subministrando peste.
Se despois destas cousas sigo fodendo é porque nada hai máis forte có amor.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?