<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

7.8.06

emocional
Que a xente que me arrodea crea na conspiración e vexa dedos políticos por todas as partes non me resulta estraño. Pero que Peliqueiro, un informático bombeiro a quen teño por persoa seria e imparcial, tamén fale nos mesmos termos, descolócame. Está todo o país tan enfermo pra meterlle lume ao monte por un par de deputacións e pola alcaldía de cangas?
As declaracións de Núñez Feixoo sobre o tema fanme perder toda a espranza que tiña dunha dereita liberal, aberta e formal: "A clave [do persoal das brigadas] é experiencia na loita contra o lume; que coñeza o terreo onde opera e que sexan veciños da zona e teñan especial consideración emocional co que está ocorrendo".

This page is powered by Blogger. Isn't yours?