<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

25.1.06

recomposición
Por unhas breves razóns que non veñen ao caso, a partir de agora ficarei en humidtown todos os domingos. Por un bo tempo desaparecen do meu horizonte viaxes e aventuras: hai que repregarse cara ao interior.
Subconsciente deses cambios, os últimos días viraron moi tolos. Como non me conviña pensar demasiado no tema, seguía traballando ata altas horas da madrugada, ou lendo, ou vendo horrendos e magníficos programas na televisión. Mirei de poñer a mente en branco, de socializar o imprescindíbel. O resultado: durmir catro horas ao día e seguir vivo, o que non é bo síntoma de nada.
Porén agora, e toda vez que ficou atrás o peor día do ano, e sen que suceda nada especial, póñome a organizar o futuro: regreso ás xuntanzas da asociación cultural, pregunto de qué maneira podo voltar tamén ao mundo do deporte e retomo a miña axenda. Ordeno o martes despois do luns e ínzoos de tarefas. Tamén chega de boston o meu profe de inglés.
Este foi, decididamente, un nadal demasiado longo.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?