11.1.06
radio
Non quería meterme a falar destas cousas posto que dalgunha maneira estiven implicado en idas e vidas laborais que podían erguer sospeitas falsas. Pero agora que todas as espranzas de traballar aló se diluíron, e que só podo ser acusado de resentimento, ceibo o que levo semanas pensando.
I. A nova radio, colonizada polo sindicato das carrachas, apostou por manter o statu quo dos seus funcionarios en vez de converterse no motor do país urbano. De aí derívanse uns requirimentos de selección de persoal onde a experiencia no ente conta seis veces máis ca outro criterio, e outros procesos lamentábeis, como facer unha proba pública para escoller director do programa estrela da fin de semana. Os sindicalistas non reproban que no exame non haxa que presentar un proxecto de programa: preocúpalles o enchufe, a eles que se incorporaron sempre en condicións de limpeza, igualdade e publicidade. Pero, que enchufe? Acaso se quixesen fichar a Xulia Otero cumpriría sometela a unha proba con 70 aspirantes onde o que máis se valorase fose a experiencia na CRTVG? Agardo que estes parásitos do meu diñeiro prosigan as súas esixencias de xustiza reclamando que se saque a concurso tamén a dirección do programa dos evanxelistas.
II. Todo isto solucionábase eliminando a figura do funcionario. Ou estes postos que, sen ter carácter funcionarial, son máis vitalicios có do papa de roma.
III. Paralelamente, o comezo da nova programación da radio galega non pode ser máis decepcionante: unha lista embiguista de colaboradores construída sobre un país no que, ao parecer, non existe a dereita; uns locutores zoupóns e parsimoniosos promovidos unicamente polo seu compromiso social; e en xeral unha torrada. Magoantemente, todo o que pensabamos que ía saír mal, está saíndo mal. Agás Xavier Queipo, o meu escritor favorito, que antonte me ceibou por esas mesmas ondas de radio un poema fabuloso. Vamos, coma no réxime anterior.