<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

5.1.06

normalización lingüística
Non me apetece moito, pero decido quedar cun rapaz de vinte que vive na periferia ankaresa. Di que só se liou unha vez cun tío, e pra iso mal, e que quere probar xa máis en serio. Ademais quere facelo sen compromiso, pra que o collan sabido cando apareza alguén realmente interesante. Enxeñeiro sóbeseme con soltura ao coche nunha beiravía da N550 e lévame a un merendoiro. Alí aparcamos, facemos algo de exercicio cunha extraordinaria corrección e despois saímos a vestirnos á néboa.
De volta, guiando na poalla pola no-man's-land, cavilo en como mudaron os comportamentos sexuais nestes dez anos. Antes tamén eramos normais, pero só agora, cando fodemos cun mozote como este Enxeñeiro, nos decatamos da nosa normalidade e de que non pagaba a pena complicarse tanto. E como a normalidade non é un estado, senón unha percepción, rebaterei (advírtollo, señora todonada) insistentemente esa ladaíña de que non somos unha cultura ou unha lingua normalizada. O único que pasa é que algúns non se senten normais.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?