<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

10.1.06

enclosure
Malia que a miña formación é francófila, cada día amo máis ese gran país de excéntricos que é o UK. Os fermosos almorzos, a endiañada circulación ao dereito, as reverendas, as adolescentes bébedas e lesbianas... Que ganazas de vivir aló.
Iniciamos a visita por liverpool, o parque-temático-beatle, e despois de ver as dúas incríbeis catedrais da cidade, e convencidos do fabuloso que é o libre mercado tamén no que se refire á oferta relixiosa, chegamos á estación de tren. Tiñamos que pasar dela e baixar á parte máis turística da cidade, pero Barataria propón: por que non imos a Manchester?. Eu dígolle que mellor Blackpool, pero non, ao final collemos tren pra Manchester, que está alí ao lado.
Manchester completa a visión solitaria e de tixolo vermello que formáramos sobre o parque-temático-beatle. Unha cidade divertida, cun grande ambiente gai e un interesantísimo museo que quedou sen ver, moderna e fría, con fermosos edificios, commonwealth de xente... Pero, claro, todo pasou tan lixeiro, e a diarrea (provocada por un café do starbucks) chegou tan rápida, que non houbo tempo pra nada.
E volvemos os dous, coas mans collidas, no tren, no frío, mentres os adolescentes, que seguen tan peneques coma sempre, bican e foden nas calexas pra manter esa hiperbólica taxa de embarazos tinéilleres a golpe de cadeira e cervexa.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?