14.11.05
cineuropa II
Con martin pawley e cunha rapaza fermosa e deslumbrante botamos a tarde no cinema. Vemos primeiro Zona franca, de Amos Gitai, da que saio confuso coa sensación de que seguramente perdín algo moi interesante cando durmía. Bendícennos cun chocolate no bar de sempre, onde nerviosamente falamos dun artigo de Xeladeiro, do sistema educativo e de parapsicoloxía: custábame apertar a mirada dos rizos xeniais de Bossanova, dos seus finos dentes brancos, do seu corpo balanceado entre unhas pernas moi fracas e uns peitos perfectos cinxidos nun xarsei de lá. Afortunadamente confesa que non é blogueira.
Desconecto e imos ver Auga, de Deepa Metha, que non lle gustou a martin porque sabía que a nós nos ía gustar. Un filme só lixeiramente lambido, unha fábula con gandhi ao fondo sobre a vida das viúvas na india: mensaxe, fermosos planos, humor e personaxes extraordinarios. Tomamos unhas tapas hipercalóricas no bar da tenente risitas, e de camiño á despedida ía ensaiando frases pra Bossanova. Mais ela desarmoume cunha sentenza que non agardaba, tatexei, quedei pampo e retireime.
Levo a súa luz comigo.