Este é un espacio baleiro. Non teño necesidade de dicir nada. Quizais só necesito buscar a saída correcta da cidade, antes de que estean todas cortadas polos operarios do asfalto.
28.1.05
espertar, III Un termómetro dupont na parede marca menos tres, escordando o seu record. Fóra esténdese un xardiniño azul e frío de iates, parrulos e bares irlandeseses. Pasa unha dinamarquesa cun cadelo. Máis alá, non se ve, áfrica. Vou duchar, que me quedan os pés fríos na baldosa.