Este é un espacio baleiro. Non teño necesidade de dicir nada. Quizais só necesito buscar a saída correcta da cidade, antes de que estean todas cortadas polos operarios do asfalto.
29.1.05
aceite Ao pouco de saír de úbeda paro o coche na beiravía. Camiño un pouco, apartándome do asfalto. Mexo contra unha oliveira e a paisaxe fica en silencio.
Levo ducias de quilómetros con este recendo tan intenso a oliva: imposible apartalo do nariz.