<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

22.9.04

travelo
Tamén coñezo o compañeiro de piso de Würth. Profesor de bailes de salón, vén doutro concello do interior. Colleita mel na casa (de carrasco) e exprésase como os mesmos anxos. Douche unha patada na cona que te esbouro, chámame princesa que a miña nai aínda está viva, ou fodina prós días da vida.
A expresión prós días da vida repítea mil veces, sempre con valor hiperbólico. Alguén a oíu antes? Tamén lle chama travelos aos travestis e dille a Würth que está xorda como unha xotra.
Prégase confirmación ou rexeite destas paleofalas.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?