<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

26.9.04

paléologo
Déixome presionar por (m)alicia e por berlín, e vou a ankara saír de noite. O día pasara rápido, con bastante traballo e recados feitos, e pensei que me viría ben un acougo que comeza escoitando no coche cancións de lirios amarelos e cavilando no periplo transeuropeo da vindeira semana.
Con eles e mais con Mánager imos bar tras bar e ao final éntrolle a un rapaz que parece algo perdido. Ten nome de mes xudeu e traballa como restaurador de muros nun castro: parte da miña infancia construíuse con excursións dominicais aos castros da provincia, e tamén a este. Outra cousa máis que agradecerlles aos meus pais.
Vaime contando: nacido en ankara, viviu errante por ovedo, badallouce e agora atenas, estudou dereito e restauración artística e practicou a marcha atlética cando novo. Mazo con el, mentres Würth, que tamén traza a mesma rota de bares, nos mira a dúas cuartas. Despois Paleólogo lévame ao piso dunha amiga en montealto, empapelado con libros de arte e cun espello á altura da cama. Botamos os folgos e os fumes durante horas. Logo despídome, con cambras nas pernas e inzado de cariño, ao comezar dunha tarde radiante e soleada.
Loxisticamente vai ser complexo volverse ver. Pero ansia téñoa. E o depósito cargado de vida pra unha semana máis.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?