<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

17.9.04

ganso
Hai moitos anos lin 'Estou aquí, onde estás ti?', a obra fundacional da etoloxía, de Konrad Lorenz. Coméntoo con (m)alicia e con Berlín, mentres nos cruzamos preguntas directas á liña de aboie. Berlín estivo tamén, quizais ao mesmo tempo que eu lía o libro, na casa-museo de Konrad Lorenz, en Austria.
Na obra cóntase que os gansos teñen un instinto maternal moi peculiar. Ao saíren do ovo, aquilo grande que se move é a súa nai. Sexa quen sexa. Líbrenos de estar presentes nese momento, porque de aí en diante nos seguirán unha recuíña de polos de ganso a todas as partes.
Como un ganso recén nacido, así estou eu. Aquilo que se mova primeiro, con aparencia de ser vivo, entenderei que é mamá-gansa, e seguireino implacabelmente, con amor.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?