<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

18.9.04

catástrofes
Rebelión dos obxectos.
• A lavadora desintégrame dúas zapas verdes, que eran as miñas favoritas, e que custaban unha pastaza (descúlpame naomi).
• Fago unha sarteñada de pementos de padrón, e quéimanseme ou quedan crus. Sosos, sempre.
• A choiva atoe o cadeado da miña bici. Así que under the poalleira cruzo humidtown á procura dunha cisalla. Coa ferramenta, de 47 centímetros de longo, tronzo e ceibo a bici da súa árbore baixo a atenta mirada dunha ducia de locais que dubidan da miña inocencia.
• Sen case durmir, entro na reserva da enerxía. Mando mensa a Geneve, sen resposta. Recibo, en troques, mensa de Non-acho-a-Ana, que quere que o acompañe a ver fogos de artificio. Non sei qué farei.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?