<$BlogRSDUrl$>
Este blog mudou de servidor, agora está en astuasbalas.com

11.9.04

apagar
Diante da miña fiestra, xustamente diante, hai un farol de rúa. A luz debe estar para fundir, e acende e apágase soa exactamente cada 14'16" (hoxe).
Dentro da habita a Cesare pásalle parecido. Atafegado laboralmente, destrozado pola mentira compulsiva de Futuroscope, aguilloado por Zopilote e Jacarezinho (de cada catro palabras unha é 'eu'), sen foder, sen namorar, empantanado nos estudos, a luciña da ilusión comeza a esvaecer. De momento, escintila poucamente, esmorre e por veces asusta apagándose. E despois reinicia, aos trompallóns.
O comezo do outono sitúame, por primeira vez, próximo ao punto de desequilibrio.
Afortunadamente, berlín e shotokan parece que van despregando o tren de aterraxe.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?