Este é un espacio baleiro. Non teño necesidade de dicir nada. Quizais só necesito buscar a saída correcta da cidade, antes de que estean todas cortadas polos operarios do asfalto.
31.8.04
desolación Todonada dáme a noticia. Estarrezo. Boto tres días buscando as palabras apropiadas.
Peke atópaas por min, como sempre.
Que o seu bico sexa o meu bico tamén. Pra vós.