27.11.03
Hoxe viña disposto a falar de Chesterton, pero falarei de Chesterfield: fume para encher os minutos que pasan.
Atopei casualmente a Walter Piqo, que viña cunha excursión mariana. Faleille emocionado deste vebló, e de que agardo que se anime e que me axude a construír un de todos, de todo o grupo, onde poidamos contar se xa lle botaron o parqué á casa dos Koalas, e dos concertos de Buren, e dos traballos-despidos-traballos de Iopanda. Mandareille un correo.
Tamén me escribiu unha rapaza, Sandra Passos. Dime: "vocé precisa ser visto". Era spam traidor, espantraidor. Borreino.
Pésame iniciar este vebló, como se en realidade tivese algo que dicir. Só podo falar dun rapaz que tiña esta mañá unha asignatura de medicina preventiva, afeccionado ao cinema. Ignoro o nome, ignoro o móbil. Na frente leva un gran rótulo que sinala 'problemas', e na parte superior da orella esquerda un aro. Como vive na mesma rúa ca min, que está agora levantada, destruída, heille chamar Senreferencias: ningunha papeleira, ningunha baldosa, nada que nos indique onde estamos, se vivimos máis adiante ou se xa nos pasamos. Senreferencias foi divertido, anque en realidade é unha divertida e saborosa pantasma do pasado, pois estivo liado con Fufli.
Falando de Fufli, hai un caimán máis nas nosas vidas. Chámase Jacarezinho e hoxe tentou abrir un vebló de seu, coa miña axuda. Eu non son tan bo como Todo Nada e quedou á metade. Seguro que mañá segue.