9.12.03
Escribo baixo os efectos do alcol, teño que confesalo. Estou en Tarragona, cidade preciosa que é como Ourense, algo máis grande. Ceei magré de parrulo ás froitas do bosque e torradiñas de sobrasada e queixo con pinóns e millo, e bebín viño do Montsant (na Terra Alta). Pero o día quedou indefectibelmente marcado por Belchite. Miña nai non sabe dicirme se meu avó loitou en Belchite, pero aí estaban as ruínas dos edificios, os váteres, as casas tapiadas, as igrexas destruídas... Belchite. Repítoo e pregúntome qué carallo facía eu en Oswieczim (Austwich) tendo tan preto Belchite. Tan dorosa. Tan terríbel. E sen embargo, nin un só letreiro sinala nas ruínas quen foi o culpábel de todo iso ou por qué agora o Pueblo Viejo de Belchite non existe.
Na radio catalá protestan os converxentes. :) Fólgome. Lola ten olliños novos. Atrás quedan Calatayud (unha alfaia), e Maella (de Gargallo), e Fuendetodos (de Goya), e Belmonte de Gracián. E fago caso a este mestre, e remato.